luns, 25 de abril de 2016

Perú

Amira será a encargada de presentarnos Perú. Aquí pos as webs para coñecelo mellor:

Sopa de México

Esta é unha sopa de letras sobre México

Pasapalabras mexicano

Nerea elaborou este pasapalabras para que aprendas un pouco máis sobre México


xoves, 21 de abril de 2016

Un gato na árbore, en 2º

Adrián contou este conto na clase de 2º. Mirade que ben lle quedou:


Diseccionamos unha pega

Hoxe na clase diseccionamos unha pega que atopamos na eira do lado do colexio.

 Esta entrada é para persoas que sexan capaces de ver un animal morto e as partes do seu corpo. 

Se cres que non podes aguantar, mellor non abras publicación. 

martes, 19 de abril de 2016

Garavanciño, en 4 anos

Mirade como desfrutaron do conto na aula de 4 anos! Aquí tendes o vídeo do relato.


Slime e tinxidos



Este venres estivemos experimentando co Slime e con tintes, mira o sresultados no seguinte video:


luns, 18 de abril de 2016

México

  Visitamos XICO da man de Nerea. 

  Con estes enlaces coñecerás todo o necesario...

xoves, 14 de abril de 2016

Pancho, en 4 anos

Así contaron, na clase de 4 anos,  Noa e Candela esta historia do elefenate ao que lle gustaba moito unha tea de cadros.

martes, 12 de abril de 2016

As tres princesas pálidas, en 4º

Abraiados quedaron os de 4º vendo como Xulia facía cambiar ás tres princesas pálidas na procura dunha raiña!


luns, 11 de abril de 2016

Falamos dos nosos experimentos

Aquí está  vídeo donde comentamos como foron os nosos procesos de elaboración dos experimentos e os seus resultados. Tamén podes ver unhas imaxes de como os levamos a cabo.

Máis experimentos

Estas son webs donde se propoñen experimentos fáciles de elaborar en clase, interesantes e moi divertidos.


Canadá

Laura será a encargada de presentarnos o seguinte país no que caiu o noso dardo. Namentres aquí tes os enlaces para coñecelo mellor:

domingo, 10 de abril de 2016

O papagaio


Unha revista en galego para nenos e nenas


xoves, 7 de abril de 2016

Macario dromedario, en 5 anos

Mira que ben o pasaron na clase de 5 anos con Pablo e o libro Macario dromedario:

mércores, 6 de abril de 2016

Os acentos

Para axudarche a aprender a usar os acentos en castelán, fíxate nesta imaxe.

martes, 5 de abril de 2016

Palabras que se parecen

Para axudarche a diferenciar as palabras que se escriben en castelán de xeito parecido, podes abrir a seguinte imaxe:


Un becho extraño, en 3 anos

Así lle foi a Anxo coa clase de 3 anos: 


luns, 4 de abril de 2016

O artista que pintou un cabalo azul, en 1º

Aicha foi hoxe á clase de 1º para contarlles este conto tan artístico:


As fraccións

Comezamos a traballar e entender as fraccións!

Estados Unidos de América

  Con estas webs poderás coñecer todo o necesario para facerte expert@ neste país.


sábado, 2 de abril de 2016

Piñeiro en 2º

Mirade que ben lle quedou a Yasmin o conto en 2º, tanto que ata quixeron repetir. Vede o vídeo ata o final!

Os ratos da casa en 3º

Nerea e Aicha fixeron gozar aos nenos de 3º con este conto tan divertido. aquí tes o vídeo da súa presentación:





venres, 1 de abril de 2016

O corpo humano en 3D


Estas son unhas ferramentas coas que podes ver o corpo humano por dentro dunha forma moi realista, en 360º e en 3D.