martes, 31 de maio de 2016

O Papón en 3º

Abril, Hassan e Jessi contan este relato de PABLO ALBO e MAURIZIO A. C. QUARELLO (Ed. OQO) na clase de 3º.

xoves, 26 de maio de 2016

Bert Haanstra

Albert Haanstra foi un recoñecido cineasta holandés director de películas e documentais de prestixio. Na clase estivemos visionando algún dos seus documentais, aquí podes atopar os enlaces.

mércores, 25 de maio de 2016

Como se conta un conto?

Xosé A. Pérez e Paco Nogueiras, da Ed. Kalandraka, déronos unha charla con consellos sobre como contar os contos.

 Estes son os vídeos da charla completa:

venres, 20 de maio de 2016

Agustín Soage

  Este é o vídeo da entrevista que fixemos no obradoiro  deste artista carpinterio.


Alberto Avilés

Así foi a entrevista con Alberto Avilés, músico, compositor e director do Proxecto Orquestal :



mércores, 18 de maio de 2016

A vaca que puxo un ovo, en 5 anos


Mara contou o conto da Vaca Margorie, que remata cunha gran sorpresa.



luns, 9 de maio de 2016

A que sabe a lúa?, en 4 anos

Este é o vídeo que gravaron Mara e Laura con Nerea contando este relato na clase de 4 anos:


Madagascar

Rematamos a lista da clase con Candela que nos levará a Madagascar. 

Rematará Hoxe viaxamos a...? que pasará? 

Namentres podes pasar o tempo e especializarte en Madagascar con estes enlaces: 

sábado, 7 de maio de 2016

Banda Bellas Artes

Fumos ós ensaios da Banda Bellas artes para a guía Móvete por Cangas e tocáronnos o Himno de Cangas e O viaxeiro. Aquí tes os vídeos que gravaron Raquel, Abril, Dani e Pablo.

venres, 6 de maio de 2016

Astarot

Entrevistamos a Carlos Gandón, guitarrista e membro fundador de ASTAROT, para a nosa guía Móvete por Cangas. Tamén nos cantou e cantamos con el unha composición inventada para a ocasión. Estes son os vídeos da súa visita.

mércores, 4 de maio de 2016

Se eu fose moi delgado

Así lle foi a Amira en 1º con este relato tan divertido:


martes, 3 de maio de 2016

Cocorico en 4º

 Raquel narra na aula de 4º este conto de Marisa Núñez e Helga Bansch.

Perú por Amira

Amira fixo este prezi para acompañar a nosa viaxe a Perú:


Entrevista a Tromentelo

Entrevistamos a Sara Malvido, directora da Asociación Cultural Folclórica e Banda de Gaitas Tromentelo.

luns, 2 de maio de 2016

Xornadas interculturais

  Hoxe tivemos unha charla sobre comercio xusto e consumo responsable. Aquí tes os vídeos da actividade e as imaxes:

Corpos diferentes

O equipo The Fast elaboraron este interesante vídeo para explicar as diferencias entre os corpos dos animais e as súas clasificacións.

Antártida

Dani refréscanos despois destes días de calor. Co el vixaremos á Antártida!


Maruxa, para 2º

Yasmine e as compañeiras de 2º, Salma, Fátima e Elba,  contaron este relato na biblioteca: