martes, 19 de xaneiro de 2016

Premios de cine deste ano.

Ola ! Hoxe vouvos ensinar os gañadores e nomeados dos premios de cine deste ano. Están os Oscar ( os máis famosos ), os Globos de Oro, os Goya ( os premios de cine españois ) e os Razzies ( os premios das peores pelis do ano ). Preparados ??? Síiii ???? Pois comezemos .....



PREMIOS ÓSCAR 2016

Os premios Óscar son os máis famosos. Se lle dan as mellores películas do mundo do momento. Os nominacións mais importantes son :

MELLOR PELÍCULA:

  • El Renacido
  • Mad Max : Furia En La Carretera
  • Marte ( The Martian )  
  • El Puente De Los Espías
  • Brooklyn
  • Spotlight
  • La Gran Apuesta
  • La Habitación

 MELLOR PELI DE ANIMACIÓN :


  • Del Revés ( Inside Out )
  • La Oveja Shaun : La Película
  • Anomalisa
  • El Niño Y El Mundo
  • When Marnie Was There
Aquí deixovos uns enlaces para ver os demáis nomeados deste ano :

Esta é a web oficial dos Oscars 

A MIÑA OPINIÓN :

Destas mencionadas só vin dúas pelis : Del Revés e La Oveja Shaun : La Película. Esas parecéronme moi interesantes, La Oveja Shaun está moi chula porque está feita con animación stop-motion ( con plastilina ) e Del Revés ten, ás veces, momentos tristes, pero é moi boa. Tamén recibín boas críticas de Marte ( The Martian ) e El Puente De Los Espías, que é de Spielberg ( o director de E.T, Indiana Jones... )


PREMIOS RAZZIE 2016


Os premios Razzie son os que lle dan as peores pelis do ano. Estes son os nomeados máis importantes:

PEOR PELÍCULA

  • Pixels
  • Cuatro Fantásticos
  • Superpoli En Las Vegas
  • El Destino De Júpiter
  • Cincuenta Sombras De Grey
A MIÑA OPINIÓN

Das mencionadas vin só Pixels, e pareceume que estaba chula. Pero, polo contrario, recibín malas críticas de Cuatro Fantásticos e de Cincuenta Sombras De Grey.

Preme sobre a ligazón e veredes todos os nomeados.
Aquí tendes un video moi gracioso dos nomeados :



PREMIOS GOYA 2016

Os premios Goya son os premios de cine españois. Estes son os nomeados mais importantes :


MELLOR PELÍCULA

  • A Cambio De Nada
  • La Novia
  • Un día perfecto
  • Nadie quiere la noche
  • Truman
A MIÑA OPINIÓN :

( Non vin ningunha, non podo opinar )


Se queredes estar ao tanto destes premios...

premede aquí para ir á web oficial destes premios.

GLOBOS DE ORO 2016

Os Globos de Oro son os premios que se lles dan ás series e ás pelis mellores do mundo. Os gañadores saíron fai pouco. Estes son os principais gañadores :

MELLOR PELÍCULA 

  • El Renacido
  • Mad Max : Furia en la Carretera
  • Carol 
  • Spotlight
  • La habitación

MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN

  • Del revés ( Inside Out )
  • El viaje de Arlo
  • Carlitos y Snoopy : La película de Penauts
  • La Oveja Shaun : La Película
  • Anomalisa                                                       
Premede aquí para entrar na web oficial dos Globos de Oro 

 A MIÑA OPINIÓN :

Eu vin todas excepto Anomalisa. Del Revés e La Oveja Shaun xa dixen o que me pareceron. Agora toca as demáis pelis. A de Carlitos y Snoopy gustoume, porque está feita como de papel, e é moi graciosa. Sen embargo, El Viaje De Arlo non gustoume. É moi triste e aburrida.


E SE QUEREDES CONVERTIRVOS NUNS VERDADEIROS CINÉFILOS .....

Se premedes nas imaxes apareceránvos as dúas páxinas de cine máis chulas que vin : 
http://www.ecartelera.com/http://www.filmaffinity.com/es/main.html


Recordade que podedes comentar :)-

1 comentarios: