xoves, 17 de marzo de 2016

8º Concurso De Relatos "Ciencia Que Conta"

Este ano abriuse o 8º concurso "Ciencia Que Conta".





BASES DO CONCURSO :

1º : Participantes


  • A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.
2º : Presentación Dos Traballos
  • Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 800 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo: cienciaqueconta.com/participa/

  • Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais, en formato .doc ou .odt. Só se aceptará un relato por autor ou autora. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.
3º : Prazos
  • O prazo de recepción dos traballos remata o 1 de abril de 2016. As resolucións do Xurado publicaranse na web cienciaqueconta.comComunicarase por correo electrónico aos gañadores ou a través do seu centro de ensino. A entrega de premios farase nun acto público.
4º : Categorías
  • a) Alumnado de Educación Primaria.
    b) Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
    c) Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP.
    d) Público en xeral.
5º : Tema Dos Traballos
  • Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade– se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico. Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:


  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.

  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
  • Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida. Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.

  • 6º : Comité Organizador e Xurado
    O Comité Organizador está formado polos membros do Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo.
    • O Xurado, nomeado polo Comité Organizador, estará formado por persoas relevantes no campo da divulgación científica, o xornalismo, a literatura ou o ensino das ciencias. As resolucións do Xurado serán inapelábeis.
      A presentación das candidaturas supón a conformidade dos participantes coas bases. Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización. Os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.

    7º : Premios


    Para cada categoría haberá tres premios:
    Primeiro Premio:
    Diploma acreditativo.
    Smart watch.
    Segundo Premio:
    Diploma acreditativo.
    Libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
    Terceiro Premio:
    Diploma acreditativo.
    Libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade

    Animarvos a participar!!!!!

    2 comentarios:

    1. Podías copiar esta publicación e a da Hora do Planeta e poñelas en Faladeiros, seguro que a alguén lle parece intersante.

      ResponderEliminar