xoves, 17 de marzo de 2016

Hora Do Planeta 2016

Este sábado 19 de marzo celébrase "A Hora Do Planeta", unha festa moi particular.

O sábado 19 de Marzo de 2016 a asociación WWF (World Wildlife Fund - Fundación Para A Protección Da Vida Salvaxe) convídanos a apagar as luces por unha hora (20:30-21:30)  para non gastar a electricidade e non contaminar.
As festas son moi bonitas, porque a xente sae á rúa con todas as luces da súa casa apagadas, acendendo candeas e compartindo esa hora para a protección do Planeta.



Aquí tendes algunhas fotos da Hora Do Planeta do ano pasado:












Aquí vos deixamos o vídeo promocional da hora do planeta deste ano:
E ti, apúntaste???

1 comentarios:

  1. Unha proposta moi bonita Pablo. É unha pena que non se coñeza máis e se volva unha tradición. Para iso temos que sumarnos todos!

    Moitas grazas por compartila!

    ResponderEliminar