luns, 9 de novembro de 2015

O magosto e eu.

3 de novembro, 1782.
Hola. Chámome Pablo Dacuña e teño 74 anos, e vouvos contar un pouco miñas memorias. En relación co meu mellor amigo da infancia, D. Magosto.
Vos pensades que o magosto é unha tradición, ¿ verdade ? Pois estades EQUIVOCADOS.
Ai, estes humanos de hoxe en día... Sempre vos olvidades de que foi culpa de D. Magosto que se fabricase o magosto, en outubro de 1712.
O magosto celébrase pola heroica facenda do meu amigo, vouvos contar o que pasou.
D. Entroido ( un cascarrabias ) decidiu que o mes de Novembro se chamase "Entrouembro ", e que todos os días dese mes se disfrazasen dun disfraz diferente.
Os que estedes lendo esto estaredes dicindo : ¡ Pero mola moito disfrazarse ! ¿ Porqué D. Magosto o evitou ? Pois resulta que a D. Magosto non lle gustaba disfrazarse, o que lle gustaba era celebrar una gran chamuscada.
Parecía que só a D. Magosto non lle gustaba disfrazarse, entón decidiu pedirlle axuda a o seu veciño, o Doctor Zanahori que lle prestase o raio ideador.
O raio ideador tratábase, de que cando apretabas o gatillo e disparabas a alguén, estaba en shock uns segundos e, á primeira persoa que vise, lle dicía algo e el@ estará de acordo con o que lle dixeche.
E como se lle pides aos teus país que te compren a PS4, e eles por casualidade están felices como perdices e te a compran.
O plan de D. Magosto era dispararlle a D. Entroido e que el tivese que cambiar a lei  por a idea que tiña el. E así foi.
Agora o magosto é una das festas mais famosas, e acabo de daros a verdadeira historia de como se formou.
Un bico
                                                  Pablo

0 comentarios:

Publicar un comentario