BASES DO CONCURSO :
1º : Participantes
- A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.
2º : Presentación Dos Traballos
- Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 800 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo: cienciaqueconta.com/participa/
- Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais, en formato .doc ou .odt. Só se aceptará un relato por autor ou autora. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.
3º : Prazos
- O prazo de recepción dos traballos remata o 1 de abril de 2016. As resolucións do Xurado publicaranse na web cienciaqueconta.com. Comunicarase por correo electrónico aos gañadores ou a través do seu centro de ensino. A entrega de premios farase nun acto público.
4º : Categorías
- a) Alumnado de Educación Primaria.
b) Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP.
d) Público en xeral.
5º : Tema Dos Traballos
- Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade– se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico. Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:
6º : Comité Organizador e Xurado
O Comité Organizador está formado polos membros do Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo.
- O Xurado, nomeado polo Comité Organizador, estará formado por persoas relevantes no campo da divulgación científica, o xornalismo, a literatura ou o ensino das ciencias. As resolucións do Xurado serán inapelábeis.A presentación das candidaturas supón a conformidade dos participantes coas bases. Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización. Os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.
7º : Premios
Para cada categoría haberá tres premios:
Primeiro Premio:
Diploma acreditativo.
Smart watch.
Segundo Premio:
Diploma acreditativo.
Libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Terceiro Premio:
Diploma acreditativo.
Libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade
Animarvos a participar!!!!!
👍👍
ResponderEliminarPodías copiar esta publicación e a da Hora do Planeta e poñelas en Faladeiros, seguro que a alguén lle parece intersante.
ResponderEliminar