O sábado 19 de Marzo de 2016 a asociación WWF (World Wildlife Fund - Fundación Para A Protección Da Vida Salvaxe) convídanos a apagar as luces por unha hora (20:30-21:30) para non gastar a electricidade e non contaminar.
As festas son moi bonitas, porque a xente sae á rúa con todas as luces da súa casa apagadas, acendendo candeas e compartindo esa hora para a protección do Planeta.
Aquí tendes algunhas fotos da Hora Do Planeta do ano pasado:
Aquí vos deixamos o vídeo promocional da hora do planeta deste ano:
Unha proposta moi bonita Pablo. É unha pena que non se coñeza máis e se volva unha tradición. Para iso temos que sumarnos todos!
ResponderEliminarMoitas grazas por compartila!